Preguntas xerais sobre Datos Abertos
Que é a reutilización da información do sector público?
A reutilización da información do sector público consiste no uso por parte de persoas físicas ou xurídicas de información xerada por organismos do sector público, con fins comerciais ou non. A reutilización da información pública supón actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.
Que son os datos abertos?
Datos abertos son todos aqueles datos que están a libre disposición para que calquera poida utilizalos, reutilizalos e redistribuílos coa única limitación, no seu caso, da necesidade de atribuílos á súa fonte ou recoñecer a súa autoría. Os datos abertos deben estar dispoñibles de forma libre para todo o mundo sen restricións nin de dereitos de autor, nin de patentes ou outros mecanismos de control.
Para que reutilizar os datos públicos?
A reutilización da información do sector público facilita o desenvolvemento de novos produtos, servizos e solucións de alto valor socioeconómico. Igualmente, a reutilización de datos públicos permite reverter na sociedade o coñecemento e os beneficios directos derivados da actividade das administracións públicas en condicións de transparencia. Desta forma, a reutilización contribúe a mellorar a fiabilidade e seguridade dos datos que xestionan as administracións públicas ademais de contribuír a un deseño máis próximo e eficiente dos servizos públicos.
Por que o portal web https://datosabertos.turismourense.com?
O obxectivo da construción do portal web de datos abertos da iniciativa “Hai un Ourense para tí. Descúbreo” é construír un Portal de Datos Abertos no que se publique e facilíte o acceso e a reutilización da información xerada neste proxecto. Este portal publica e pon ao dispor de todos, a información existente, utilizando para iso formatos estándar abertos, facilitando o seu acceso e descarga e permitindo a súa reutilización tanto a particulares como a empresas e organismos
Que seccións ofrece?
O portal constitúe un punto de acceso único e punto de encontro entre os diferentes axentes reutilizadores da información xerada na iniciativa “Hai un Ourense para tí. Descúbreo”. Ademais do catálogo de conxuntos de datos abertos, o portal ofrece noticias, ideas, suxerencias e documentación (normativa, guías técnicas, etc.) relacionadas coa iniciativa de datos abertos
Na sección de aplicacións recóllense diferentes aplicacións que fan uso dos datos que se publican no portal. O Portal de Datos Abertos tamén permite que todo o mundo poida participar na iniciativa municipal de apertura de datos desde a sección "Colaboración cidadá”
Como atopar unha información?
https://datosabertos.turismourense.com/ permite atopar a información desexada a través de diferentes formas. O portal ordénase en seccións temáticas conforme as categorías temáticas definidas na Norma Técnica de Interoperabilidade. Cada unha das seccións do portal incorpora o seu propio buscador por texto libre, filtros e opcións para ordenar os resultados obtidos por distintos criterios. Adicionalmente, na sección do catálogo de datos, sempre está dispoñible unha opción para buscar a información desexada sobre o catálogo de datos.
Como accedo ao catálogo de datos do portal?
O acceso ao catálogo completo de datos do portal está na sección "Datos" da barra de menú principal
Que facer en caso de incidencias ou dúbidas?
A sección "Colaboración cidadá”, creouse coa intención de recoller a opinión de todos os usuarios. Se tes calquera incidencia ou dúbida podes envialas a través do formulario de contacto que podes atopar na sección "Colaboración cidadá”. Estas achegas, abertas á participación de todos os usuarios, son fundamentais para mellorar o servizo e ofrecer uns recursos cada vez de maior calidade e utilidade.
Catálogo de Datos
Que recursos ofrece o Catálogo?
Actualmente, o Portal de Datos Abertos dá acceso a través do “Datos” a múltiples conxuntos de datos municipais. O catálogo de datos do portal contén información de categorías diferentes: turismo, cultura, comercio, etc., conforme a categorización definida na Norma Técnica de Interoperabilidade.
Que é un conxunto de datos?
Un conxunto de datos é, como o seu nome indica, unha serie de datos vinculados entre si e agrupados dentro dun mesmo sistema de información para a súa potencial reutilización. Os conxuntos de datos tamén se denominan "datasets".
Como dar de alta ou modificar un conxunto de datos?
A xestión e administración do catálogo de datos e os seus conxuntos de datos realízase desde a Administración participante na Iniciativa (a Deputación de Ourense). Para propoñer unha modificación dalgún conxunto de datos ou a creación dalgún conxunto de datos novos, é necesario acceder á sección "Colaboración cidadá” e enviar a proposta. As propostas recibidas serán analizadas para a súa posible incorporación ao catálogo de datos co fin de melloralo e amplialo.
En que formatos están publicados os datos?
A publicación dos datos sempre se realiza nunha gran diversidade de formatos se a natureza da información así o permite. O obxectivo é ampliar as posibilidades de reutilización dos datos. Non todos os conxuntos de datos están publicados nos mesmos formatos. Para consultar os formatos nos que se publica un conxunto de datos concreto, é necesario acceder ao devandito conxunto de datos no portal