INFORMACIÓN

A iniciativa “Hai un Ourense para ti. Descúbreo”, atópase enmarcada dentro do Plan Nacional de Territorios Intelixentes que prioriza as actuacións destinadas á transformación dos destinos turísticos españois en Destinos Turísticos Intelixentes, de modo que o uso da tecnoloxía sirva para redefinir a organización e os procesos polos que se prestan servizos ás dúas comunidades de cidadáns: residentes e turistas, potenciando o emprego das TIC no desenvolvemento das cidades e territorios turísticos.

No marco da Convocatoria de Destinos Turísticos Intelixentes, o 12 de febreiro de 2019 asínase un Convenio entre a Deputación Provincial de Ourense e a entidade empresarial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital (Red.es), co fin de desenvolver as actuacións encadradas dentro de dita iniciativa.

A iniciativa “Hai un Ourense para tí. Descúbreo” ten como principal obxectivo avanzar na conversión da provincia de Ourense nun Destino Turístico Intelixente, dotando á mesma de infraestrutura, equipos e servizos que permitan combater a fenda dixital e melloren a experiencia do turista estudando e xestionando os fluxos turísticos nos principais puntos de interese para axustar a capacidade de carga turística da zona e poñendo en valor o patrimonio histórico, natural e cultural da provincia

Entre os compoñentes previstos na iniciativa atópase a posta en marcha dunha plataforma integrada de turismo intelixente que poñerá ao dispor do turista información de interese dos principais recursos turísticos da provincia de Ourense, para ofrecerlle servizos personalizados e experiencias inmersivas.