Política de Privacidade

Na Deputación de Ourense estamos comprometidos coa protección da privacidade e o uso correcto dos datos persoais.

É por isto que, a presente Política de Privacidade, ten como obxecto informar sobre o tratamento de datos de carácter persoal que a Deputación de Ourense efectúa nos sitios web que conforman o presente Portal de Datos Abertos (https://datosabertos.turismourense.com), sede electrónica e en calquera dos seus subdominios, microsites e/ou aplicacións móbiles.

1. Identificación do responsable do tratamento de datos

 

2. Finalidade do tratamento

Os seus datos persoais van ser tratados coas seguintes finalidades:

  • Realizar análises estatísticas de uso do portal de datos abertos que permita a optimización da información transmitida e das funcionalidades ofrecidas no portal.
  • Coñecer o uso real da reutilización da información.
  • Mellorar o catálogo dos datos dispoñibles.

Os datos estatísticos trataranse para esta finalidade previa disociación dos datos, de tal forma que ningunha persoa sexa identificada ou identificable a partir dos mesmos, limitándose a analizar a actividade dos usuarios e a súa frecuencia de utilización do Portal de Datos Abertos.

No seu caso, finalidades máis explícitas e concretas poden indicarse nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas) para supostos concretos.

 

3. Lexitimación do tratamento de datos persoais

A Deputación de Ourense está suxeita, ao difundir calquera clase de datasets a través do Portal de Datos Abertos, ao cumprimento íntegro da normativa reguladora da protección de datos de carácter persoal, constituída polo Regulamento (UE) 2016/679 (Regulamento Xeral de Protección de datos) do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, así como pola Lei Orgánica 3/2018, de 5 decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

E, en concreto, está lexitimada para o tratamento de datos persoais, en base ao cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos e, en base ao consentimento outorgado polo interesado/a para un ou varios fins específicos, tal e como recolle o artigo 6.1. e) e 6.1 a) do Regulamento Xeral de Protección de datos persoais

 

4. Dereitos en relación co tratamento de datos persoais

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre a existencia dun tratamento dos seus datos, a acceder aos seus datos persoais, a solicitar a rectificación dos datos que sexan inexactos ou, no seu caso, a solicitar a supresión, cando entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos ou o interesado retire o consentimento outorgado.

En determinados supostos o interesado poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso só os conservaremos dacordo coa normativa vixente.

En determinados supostos o interesado poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso só os conservaremos dacordo coa normativa vixente.

Ten dereito a revogar en calquera momento o consentimento para calquera dos tratamentos para os que o outorgou, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo a súa retirada.

A Deputación de Ourense dispón de formularios para o exercicio de dereitos de acceso aos datos persoais relativos ao interesado, solicitar a súa rectificación ou supresión, a limitación do seu tratamento, a opoñerse ao tratamento e á portabilidad dos datos, que poden ser descargados da sede electrónica, https://sede.depourense.es, ou tamén pode utilizar os elaborados pola Axencia Española de Protección de Datos ou terceiros. Estes formularios deberán ir asinados electrónicamente ou ser acompañados de fotocopia do DNI. Se se actúa por medio de representante da mesma maneira deberá ir acompañado de copia do seu DNI ou con firma electrónica.

Os formularios poderán ser presentados presencialmente nas oficinas da Deputación de Ourense, remitidos por correo postal ou electrónico na dirección que aparecen no apartado 1, así como na sede electrónica municipal xa mencionada.

Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no suposto que considere que non se atendeu convenientemente o exercicio dos seus dereitos.

ara calquera cuestión poderá contactar co Delegado de Protección de Datos: dpd@depourense.es

 

5. Actualización da Política de Privacidade

A Deputación de Ourense resérvase o dereito para realizar cambios na presente política de privacidade se o considera necesario. Por iso, recomendámoslle que acceda regularmente a esta Política de Privacidade.

Se efectuamos calquera cambio que consideremos importante, informarémoslle a través do Servizo. O seu uso continuado do Servizo posteriormente constituirá unha aceptación expresa e o seu consentimento dos cambios deste documento de Política de Privacidade.