Xa están á vosa disposición os primeiros datos sobre fluxos turísticos.

principal
Friday, 15-07-2022

Este conxunto de datos é o resultado da análise, realizada pola Deputación de Ourense, dos fluxos de mobilidade e dos tempos de parada dos visitantes na nosa provincia, ao que se engadiron datos anónimos mediante técnicas de localización intelixente que permitiron obter información sobre o comportamento turístico de determinados segmentos da poboación, así como as tendencias do comportamento de colectivos no seu conxunto (non de individuos concretos). Isto proporciona unha mellor comprensión dos visitantes da provincia de Ourense.